lunes, 2 de octubre de 2017

III MARCHA CUALEDRO 2017

Domingo 1 de Outubro de 2017
8.00hrs da maña. Mentres nalgún lugar “indeterminado” alguén se dispuña a votar nun non sei qué dun Referendum, un bo puñado de Nocelos dispuñanse a pasar unha maña de Btt polas terras de Cualedro. Xa facía tempo que non nos xuntabamos tantos xa que este verán foi bastante sabático para moitos dos compoñentes do equipo que cambiaron a bici pola Praia e outros menesteres mais típicos da época estival.
Jose, Mingos, Michel, Roberto, David, Javi e os canteirans Adri, Gabri, Camilo e Miguel e, por suposto, o patriarca dos Monteros , Manuel que con 71 anos aceptou o desafío de participar nesta proba de Btt. Todos alí clavados as 9 da mañan recollendo os dorsais. O día presentábase bo ainda que a esas horas a néboa refrescaba o ambiente. Ambiente que más ben era tenso xa que os mais benxamins do grupo apenas tiñan tempo de falar cos demais compañeiros, andaban a quentar e estaban moi concentrados debido a súa competividade. E normal, son daquela zona e querían deixar o liston alto… Apenas unhas poucas palabras e algunha que outra foto e xa colocados na liña de saída. Briefing da organización e as 9.30 en punto salimos con dirección Gudin para logo empezala subida hacia a Serra do Larouco. Sin prisa pero sin pausa comenzamola subida que nos levaría a uns 10km ó corte entre a ruta corta e a larga. Había que chegar antes de 40min se querías facer a larga (53kms) senon serías obligado a facer a curta(31kms). Todos desperdigados pola pista fomos colocándonos nas posición mais comodas para cada un, no caso dun servidor, case de último pero chegando a tempo para poder facer a ruta larga. O noso compi Jose, a pesar de estar en boa forma, tuvo que optar pola ruta mais curta xa que un pinchazo o relegou as ultimas posicións. Pouco a pouco fomos acercándonos ó Larouco acompañados en todo momento dos imponentes eólicos que, de verdade, parecían xigantes como ben decía Don Quijote, disfrutando da paisaxe que nos ofrecía o rodar a tanta altura. Xuntámonos Mingos, Roberto e un servidor (Javi) e decidimos rodar en compañía ata o final, parece ser que a nosa forma física era moi similar e, se non podes co inimigo, únete a él e eso fixemos jejeje Pasamos polo primeiro avituallamento case dos últimos e logo de coronar dispuxémonos a baixar hacia a zona da Xironda. O primeiro tramo da baixada debaixo dos eólicos con un firme peligrosísimo debido a gravilla solta fixo que nos tuvesemos que amarrar moi ben o manillar e os freos para non salir mal parados. Un xiro a esquerda e unha pista en subida a través do monte co aire en contra facía que as conversas desaparecerán por momentos. Lástima da paisaxe que, debido os incendios dos últimos verans, no era precisamente bonita aínda que o lugar o merecese.
Así fomos acercándonos o pobo de A Pedrosa, onde nos esperaba o segundo avituallamento. Repuxemos as forzas a base de plátano e aquarius e continuamos hacia a Saceda para pasar ó pé dos famosos Castros. Zona tamén moi bonita entre carrouchos e camiños antigos onde o aire xa non molestaba. Xa empezábamos a divisar Cualedro, a meta estaba cerca. Un último esforzó e listo! Chegamos a meta onde xa estaban a maioría dos compañeiros esperando para darnos un bo aplauso. Coas sorrisas de orella a orella xa que, mais de un se levou trofeo! Adrián o primeiro posto Junior, Camilo trofeo o mais xoven e Manuel Montero terceiro posto en Master 60. Noraboa a todos. No BttNocelo temos de todo, veteranos e canteiranos para poder manter no tempo o clube que representa a nosa paixón polo btt.
En fin, precioso día, en boa compañía, facendo o que mais nos gusta sin mancarnos. Un 10 para os organizadores do evento BttVerin que, como sempre, deixaron o listón alto e a todos con bo sabor de boca. Decir que , a pesar de organizar 3 eventos de este tipo no ano, non deixan de agradarnos en cada ruta que fan. PARABENS!!
E nós, cansados pero contentos agardamos con ansia a nosa próxima cita que será o vindeiro fin de semana no Carballiño. Alí nos vemos!

















No hay comentarios:

Publicar un comentario